O Concello outorga coa máxima celeridade a licenza para converter o Xeral na Cidade da Xustiza
Na Xerencia de Urbanismo do xoves verá luz verde a licenza de obras que permitirá iniciar a segunda parte da rehabilitación do edificio do Xeral para convertela na Cidade da Xustiza. O alcalde demanda á Xunta a mesma celeridade coa que actuou o Concello de forma que as obras sexan licitadas canto antes.
O alcalde deu conta esta mañá da concesión da licencia de obras para executar a segunda fase da rehabilitación do antigo Hospital Xeral como Cidade da Xustiza, cun orzamento de execución material de 19.791.804 euros. Tal e como explicou, as propostas pasan pola rehabilitación integral do corpo principal e parte do anexo 2, dotando de dobre altura as salas de vista e por unha reorganización dos espazos interiores. Tamén se creará un plano de entronque entras as rúas Vázquez Varela e Padre Feijóo, construíndo unha nova praza na zona sur, cun aparcamento no subsolo. O proxecto prevé un corpo de conexión entre o anexo 2 e o corpo principal no que se sitúa o vestíbulo de acceso que se conforma como unha rúa interior central. A cota de acceso ao novo edificio se realizará desde a cota da nova praza 0, modificándose así a numeración dos andares de todo o complexo.
Tal e como explicou o rexedor, o Concello actuou coa máxima celeridade na tramitación desta autorización e confiou en que a Xunta faga o propio, licitando as obras de inmediato. A este respecto, sinalou que Vigo será a última cidade de Galicia en contar con instalacións xudiciais modernas e funcionais.
PXOM
A Xerencia de Urbanismo tamén tomará coñecemento do documento para a aprobación inicial do instrumento da ordenación provisional do Concello e da solicitude de emisión dos informes sectoriais previos á aprobación inicial, conforme á lei 2/2017. Seguindo o procedemento, remitirase esta ordenación provisional ás seguintes administracións: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo -Costas da Xunta; Servizo de Costas do Estado; Dirección Xeral de Aviación Civil; Subdirección Xeral de Planificación Ferroviaria e, por último, Demarcación de Estradas do Estado.
Segundo aclarou o rexedor, a cada administración achegóuselle o informado para o Plan de 2008, co que non se esperan pegas de ningún tipo a uns informes que, por tanto, deberían ser emitidos con celeridade xa que son perceptivos e vinculantes. Unha vez recibidos, engadiu, o Concello estará en condicións de aprobar inicialmente o instrumento de ordenación provisional o que permitirá a recuperación de todo o solo urbano consolidado e unha parte do non consolidado. En total, reactivaranse 23 millóns de m2 ou, o que é o mesmo, un 30% do PXOM anulado pola Xustiza.