Escoitar

O alcalde eloxia a Feira Internacional de Emprego Universitario que se organiza no Ifevi o 24 e o 25 de outubro

O alcalde cualificou de "iniciativa fantástica" a Feira Internacional de Emprego Universitario que se vai desenvolver no Ifevi o 24 e 25 de outubro, mentres que en Porto será unha semana antes. Trátase da segunda edición dun evento que trata de achegar aos estudantes coas necesidades reais do mundo empresarial.

venres, 6 out 2017
1507305971feria.JPG
Abel Caballero iniciou a súa intervención no Reitorado de Vigo trasladando a súa satisfacción por poder formar parte dunha iniciativa "fantástica" que é capaz de mobilizar estudantes ou recén licenciados e un gran listado de empresas que buscan persoal cualificado. Na presentación da segunda edición da Feira Internacional de Emprego Universitario Finde-U 2017, felicitou aos organizadores por ser capaces de unir sinerxias entre dous territorios -sur de Galicia e norte de Portugal- con moitos vínculos económicos, sociais e empresariais. Reiterou o interese do goberno local en apoiar unha iniciativa que une a capacidade formadora das universidades con mundo da empresa que busca tecnoloxía, valor engadido o que suporá incrementos salariais. Na súa opinión, este modelo será que vai imperar no futuro e neste territorio ten unha marca moi importante: a Universidade de Vigo.

O obxectivo desta feira é dar a oportunidade durante 4 días a estudantes e titulados de manter contacto directo con organizacións e empresas que demandan talento universitario. O 17 e o 18 de outubro a cita será no recinto de Exponor, en Vigo; mentres que o 24 e o 25, será a quenda do Ifevi. Baixo a organización das universidades de Vigo, de Porto e de Tras-Os-Montes e Alto Douro, os asistentes accederán a ofertas de emprego, de prácticas, procesos de selección de longo prazo, realización de entrevistas aos candidatos seleccionados ou sesións formativas e obradoiros.

Caballero estivo acompañado na presentación polo reitor e vicerreitora da Universidade, Salustiano Mato e Dolores González; ademais da delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa e o director xeral de Orientación e Promoción laboral da Xunta, Alfonso Marnotes.
Descargar todas as imaxes