O rexedor reclama un esforzo colectivo para "non baixar nunca a bandeira dos dereitos sociais"
O alcalde salientou esta mañá o retroceso dos dereitos sociais como unha das máis cruentas consecuencias da crise económica. Así o dixo diante de recoñecidos profesionais do eido sanitario que hoxe xoves participaron na Xornada Saúde e Autismo organizada en Afundación.
A Fundación Menela e a Federación Autismo Galicia organizaron hoxe xoves en Vigo a Xornada Saúde e Autismo que foi inaugurada por Abel Caballero, quen estivo acompañado por Cipriano Jiménez, director Xeral da Fundación. Durante a súa intervención, reivindicou os dereitos sociais como "unha bandeira que non debemos baixar nunca" e reclamou un esforzo e un "grito" colectivo para acabar cos dez anos de retroceso de dereitos que trouxo consigo a crise económica.
O Centro Social de Afundación reúne no día de hoxe a un nutrido número de profesionais do eido sanitario e da atención especializada a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) para achegarse ás dificultades coas que se atopan as persoas con autismo no acceso ao sistema sanitario e ás estratexias de mellora da calidade da atención sociosanitaria para adaptala ás necesidades de persoas con TEA e das súas familias.
Descargar todas as imaxes