O goberno municipal apoia o labor da CIG con 15.000 euros
O alcalde e Alberto Gonçalvez, secretario comarcal da CIG, asinaron este xoves un convenio de colaboración por un importe de 15.000 euros para apoiar o labor que realiza o sindicato que é "importantísimo" para defender aos traballadores. Caballero manifestou que desde que asumiu a alcaldía mantén unha liña de apoio aos tres sindicatos da cidade: UXT, CCOO e CIG porque son "imprescindibles á marxe das concomitancias políticas que teñamos". <br />