Escoitar

O rexedor di que o Trofeo Concello de Vigo de fútbol sala é "seguramente" o mellor dos organizados pola presenza de equipos de elite

O alcalde de Vigo anunciou hoxe que este sábado o Talleres ABC IES Coruxo organiza no pavillón do Berbés o IV Trofeo Concello de Vigo de fútbol sala, co patrocinio municipal. Segundo as previsións, esta cita mobilizará a 120 deportistas. <br />

mércores, 30 ago 2017
1504099565futbolsala.jpg
"Seguramente é a mellor das edicións do torneo, o que significa que cada vez o facemos mellor", explicou en referencia a que o conxunto vigués xogará contra dous equipos de máxima categoría (Santiago Futsal e O Parrulo Ferrol) e que o evento contará con máis partidos previos para a promoción dos equipos de base.

Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por representantes da organización (Miguel Comesaña, José Abalde e Pachi Comesaña), animou á cidade a que "asista a unha cita que mobilizará a 120 deportistas".

Ademais do torneo "3x1" entre o Talleres (3ª División) e os seus rivais, que comeza ás 20:00 horas, dende as 17:00 vanse a organizar ata tres partidos amistosos previos dos equipos do Talleres ABC Vigo contra Arealonga Chapela (cadete feminino, 17:00), FS Bueu (18:00, xuvenil masculino) e Arealonga (19:00, sénior feminino). "Sodes os mellores e queremos que se saiba", dixo o rexedor ás e aos deportistas de base asistentes á rolda de prensa, ao que Pachi Comesaña, en representación do club, agradeceu un apoio "sen o que non sería posible o torneo".

O vicepresidente do club explicou que este cartel de tres partidos amistosos previos ao formato "tres por un" (encontros de 40 minutos) débese a "un consello do concelleiro de Deportes o verán pasado, que quería que houbese representación da base e tiña toda a razón".

Comesaña lembrou que "hai tempo que en Vigo non vemos un partido de Primeira División e agora será posible no Berbés ao enfrontarse no terceiro choque do trofeo o Santiago Futsal e O Parrulo (21:30). Ás 20:00 horas xogarán vigueses e composteláns e ás 20:45, O Parrulo e o Talleres.
Descargar todas as imaxes