Escoitar

Footin no II Festival Alternativo de Teatro

Delirium Teatro representa Footin no II Festival Alternativo de Teatro, organizado pola Concellería de Festas e Animación Sociocultural, no auditorio do Concello ás 21:30 horas. A montaxe foi nominada no ano 2002 aos premios Max de teatro como mellor espectáculo revelación.

xoves, 13 mar 2003
1047550890footin.jpg
Escena da montaxe
O protagonista de Footin é Juan Fernández, un rapaz de barrio namorado dunha deportista coa que se cruza a diario, cando sae a correr. Pero non se decide a falar con ela, e un día a mata con saña. "En Footin retrátase un personaxe minuciosamente para que, cando os espectadores o coñecen a fondo e se encariñan con el, se abraien coas cousas tan terribles que é capaz de facer", explicou Manuel García, xerente de Delirium Teatro.

"Footing ocorréuseme vendo os domingueiros dar voltas e máis voltas polo paseo marítimo, suando, sen ir a ningures, como se quixesen fuxir de si mesmos", afirmou o seu autor, Ricardo del Castillo. "Escribín os monólogos de catro corredores que se entrecruzan, zigzaguean e describen círculos sen mirarse nin tocarse. Son un executivo, un obreiro despedido, unha mujer que adestra por se algún día ten que fuxir do seu esposo e un inmigrante magrebí que, chegado o momento, séntese perseguido polos demais".

Mentras Ricardo del Castillo escribía este texto no canario Tacoronte, centos de millas Atlántico arriba, Gustavo Pernas, maquinaba en terras galegas outra obra homónima protagonizada por xente que sae á rúa en chándal para manterse en forma.

Delirium Teatro

Delirium Teatro toma o nome da obra realizada no 1985 por membros de distintas compañías que acabaron constituíndo unha formación estable.
En 1991, tras unha longa preparación en Madrid, a Compañía trasládase a Tenerife e profesionalízase. A súa sede está dende 1995 no Teatro Minik.
Descargar todas as imaxes