O alcalde impulsa a creación dun organismo para promover Vigo como cidade de feiras e congresos
A iniciativa conta co apoio dos hostaleiros e comerciantes da cidade. <br />
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, presentoulle ás asociacións de hostelería, comercio e restauración de Vigo o proxecto de creación dun Convention Bureau, un organismo dedicado á promoción de Vigo como cidade de feiras e congresos. O obxectivo deste órgano será o de captar turismo de negocios para Vigo unificando criterios e realizando accións promocionais conxuntas. A iniciativa do alcalde foi ben acollida polos profesionais do sector.
Na xuntanza, á que asistiron representantes da Cámara de Comercio, ASEHOSPO, AHOSVI, FECOVI, a Federación de Comerciantes de Pontevedra, a Federación Provincial de Hostelería e a Asociación de Comerciantes do Casco Vello, decidiuse establecer un calendario de traballo para preparar a formación do organismo. Un dos primeiros aspectos que haberá que definir é a forma xurídica que adoptará o Convention Bureau. Barállase a posibilidade de constituir unha fundación, un padroado, unha sociedade mixta ou incluso unha marca sen entidade xurídica propia.
A intención de Castrillo é a de integrar o organismo no Spain Convention Bureau, unha entidade creada en 1984, sen ánimo de lucro, que agrupa na actualidade 28 cidades de congresos. Esta entidade ten como principal obxectivo realizar accións encamiñadas á promoción nacional e internacional das cidades que a compoñen. O SCB desenvolve actividades como o asesoramento para a elección de sedes de congresos ou facilitar información sobre os servicios e infraestructuras das cidades que o integran.
Lois Castrillo considera que nestes momentos Vigo está en condicións para liderar en Galicia o turismo de negocios. A cidade conta con máis de 4.000 prazas hoteleiras, está prevista a apertura de dous hoteis de cinco estrelas, e conta con atractivos turísticos e unha ampla oferta cultural, deportiva e de ocio. O alcalde vigués quere aproveitar as posibilidades que abre a próxima ampliación do recinto feiral de Cotogrande e a futura construcción do Pazo de Congresos de Beiramar, que agarda que esté en pleno funcionamento en 2007. Ademais, Castrillo citou tamén os equipamentos dos que xa dispón a Universidade e outras entidades privadas.