Escoitar

Xornadas de debate sobre as consecuencias sociais, económicas, xurídicas e ambientais do Prestige

O auditorio do Concello acolle durante tres días unhas xornadas nas que se analiza a catástrofe do Prestige desde aspectos como as consecuencias sociais e económicas, as responsabilidades xurídicas e as consecuencias ambientais do verquido. As conferencias celebraranse do 11 ao 13 de marzo a partir das 20:00 horas.

martes, 11 mar 2003
1047383948Cies10.jpg
Recollida de fuel nas Cíes
O martes, 11 de marzo, o tema central será as consecuencias sociais e económicas do siniestro do Prestige. Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada na Univesidade de Santiago falará sobre "O Prestige. ¿Naufraxio neoliberal?" argumentando que as políticas neoliberais e a globalización económica que promoven a diminución do gasto público e unha regulación internacional ao servizo das multinacionais petroleiras como explicación de que por un lado o desastre ocorrera e por outro da incapacidade do Estado para facerlle fronte.

María Xosé Vázquez Rodríguez, profesora titular de Economía Aplicada na Universidade de Vigo, analizará o "Presente e Futuro da Economía Galega". A súa reflexión parte de cómo pode afectar o sinistro os diversos sectores económicos dependentes do mar: pesqueiro, transformador, turístico...

As "Consecuencias psicolóxicas derivadas da catástrofe do Prestige" será o tema do que trate Cipriano Luis Jiménez Casas, médico-psiquiatra. Neste senso falará da reacción da comunidade perante as catástrofes e das claves para unha comprensión da resposta da sociedade galega.

O mércores 12 o tema centrarase nas responsabilidades xurídicas na crise do Prestige e participará
Alejandro Martín López, avogado de Nunca Máis que explicará as accións penais que a plataforma esta a promover para o esclarecemento de responsabilidades na actuación da administración.

Das consecuencias ambientais do verquido debaterase o xoves, 13 de marzo, co seguinte programa: "Recuperación dos ecosistemas litorais" a cargo de Miguel Anxo Murado, científico titular do Instituto de Investigacións Mariñas. Que falará de cómo a comunidade científica foi ignorada nos momentos cruciais da crise e de qué pode aportar a ciencia para a rexeneración da costa.

"O Prestige como catástrofe ecolóxica", Xavier Vázquez Pumariño, representante da Federación Ecolóxista Galega (FEGA), avaliará o impacto da catástrofe nos ecosistemas galegos dende unha
perspectiva ecoloxista.

José Luis Cal, responsable da área de Enerxía de Greenpeace, exporá "A catástrofe como resultado dun modelo enerxético baseado no petróleo" subliñando a existencia de alternativas a un modelo enerxético que de non trocar perpeturá catástrofes como a do Prestige e outras de carácter global como o cambio climático.
1047383948Cies10.jpg
1047384510Cies17.jpg
1047384540Cies21.jpg
1047384571Cies23.jpg
Descargar todas as imaxes

Máis información