O Concello dispón desde este sábado de cadeiras anfibias para o baño dos discapacitados
Desde o primeiro de xullo, informou este venres Abel Caballero, o goberno vigués arranca en Samil co servizo de seguridade e accesibilidade para o baño das persoas con mobilidade reducida. O Concello ten dúas cadeiras para Samil e outras tantas no Vao, que poderán ser empregadas en horario de mañá e tarde.
O alcalde adiantou que desde mañá sábado, 1 de xullo, comezará a funcionar na praia de Samil o servizo de seguridade e accesibilidade para o baño das persoas con mobilidade reducida.
O Concello dispón dúas cadeiras anfibias en Samil nos meses de xullo e agosto, en horario de 11 a 14h e de 16 a 20 horas. Ademais, outras dúas cadeiras estarán disponibles no Vao próximamente, nas mesmas condicións e horarios. Un coordinador e catro monitores se encargarán dun servizo que, xunto ás cadeiras, ofrece muletas acuáticas, unha pasarela de acceso á praia, e dous espazos acotados á sombra con mesas e cadeiras.
Caballero engadiu que os interesados en usar este servizo só teñen que achegarse ao posto instalado na praia ou, se así o prefiren, facer unha reserva telefónica no seguinte número: 637093548.