Escoitar

O Concello impulsará a finais de xuño a candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade

O alcalde avanzou este luns que a finais de xuño elevará o proxecto "Illas Cíes Patrimonio Medioambiental da Humanidade" ao goberno autonómico para a súa tramitación ante o Ministerio de Cultura. Abel Caballero volveu requerir á Xunta que se sume á proposta viguesa, que xera "unanimidade total neste territorio".

luns, 29 mai 2017
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que a finais de xuño se remitirá á Xunta de Galicia o proxecto da candidatura das Illas Cíes a Patrimonio Medioambiental da Humanidade, para que o goberno autonómico o remita á súa vez ao Ministerio de Cultura.

En rolda de prensa, Caballero puxo en valor o "apoio social" e "unanimidade total" existente en torno á candidatura do arquipélago vigués, en contraposición á proposta da Xunta de Galicia para o Parque Nacional Illas Atlánticas, presentada ante os medios a pasada semana nunha reunión "clandestina". Así, o alcalde vigués esixiu que a Xunta de Galicia retire a súa candidatura e se una á impulsada polo Concello de Vigo para as Illas Cíes.

Vigo leva catro anos de traballo de sensibilización e concienciación cidadá para esta candidatura, cun éxito "atronador" e un "apoio social sen precedentes". Engadiu Caballero que este consenso no territorio -do que carece a proposta da Xunta- é "imprescindible" para que a Unesco conceda o recoñecemento.

Segundo explicou, a Xunta de Galicia terá que tramitar a candidatura das Cíes ante o Ministerio de Cultura, que a proporá para a lista indicativa. O goberno central coñece das "cualidades" das illas, expuxo Caballero. A partir de ahí, o Concello entablará diálogo directo coa Unesco, se contactará con "ámbitos tecnolóxicos, científicos, culturais", e se establecerá un padroado que o leve adiante, liderado polo Concello.

"O procedemento está regulado", aseverou Caballero, quen apuntou que nas conversas coa Unesco se acreditará o "inmenso consenso social" existente e se resaltará que as Illas Cíes cumpren con alomenos tres dos catro requisitos para ser declaradas Patrimonio Medioambiental da Humanidade.

Por último, Abel Caballero confiou en que a candidatura viguesa para as Illas Cíes terá éxito e nun prazo breve de tempo: "Cíes será Patrimonio Medioambiental da Humanidade nun tempo récord".