Escoitar

O Concello publica unha nova guía para ensinantes con recursos para evitar a discriminación sexista

A concelleira Ana Gandón e a coordinadora Luisa Abad presentaron a terceira unidade didáctica da colección "De igual a igual" para educar na igualdade.

venres, 7 mar 2003
1047039429igual23.jpg
Publicación
Anén-Onén é o título da nova unidade didáctica publicada pola Concellería de Educación, destinada a ofrecer recursos para que o profesorado poida fomentar o valor da igualdade nas escolas infantís.

A colección "De igual igual" iniciouse coa publicación de Aprendendo a ver a desigualdade e O corpo como campo de batalla e ten moi boa aceptación entre os ensinantes ao existir unha carencia de recursos específicos para evitar a discriminación sexual.

"O Concello de Vigo realiza un esforzo no ámbito educativo, a pesar de ser responsabilidade da Xunta de Galicia, para facilitarlle ao profesorado programas de formación e recursos destinados a educar en igualdade", sinalou Ana Gandón. "Súplese deste xeito esta carencia que debería ser competencia da Consellería de Educación", destacou a concelleira.

A coordinadora da guía expresou que a través dun personaxe-robot se deseñou esta unidade didáctica con recursos e propostas destinadas á educación infantil. Unha reflexión sobre a análise docente dos xogos no patio do colexio, consideración xerais sobre o uso dos xoguetes de forma sexista, o papel que debe adoptar o educador ante o conflicto e unha análise da publicidade destinada aos pequenos son algunhas das seccións destacadas da publicación.

A guía dispón tamén de recursos recomendados como vídeos, libros e centros de documentación para os que desexen complementar os contidos que se ofrecen.
Descargar todas as imaxes