As obras de saneamento na rúa Cervantes comezarán o 13 de marzo
O xoves 13 de marzo é a data fixada para o comezo das obras de instalación do novo colector de saneamento da rúa Cervantes. Ese día pecharase á circulación esa rúa e porase en marcha o plan de tráfico deseñado polo Concello.
Ao tempo que se corta ao tráfico Cervantes, entre Uruguay e Urzaiz, reabrirase á rúa Uruguay. Os vehículos que, procedentes da autoestrada, ascenden por Cervantes terán que utilizar Uruguay ata a rúa Colón. Para facilitar a circulación, Uruguay terá sentido único e suprimirase o aparcamento nunha das marxes . Asemade, funcionará un grupo semafórico no cruce entre Uruguay e República Arxentina para regular o fluxo de vehículos.
O acceso á rúa Churruca deberase facer por Gravina. Os vehículos poderán continuar por Irmandiños e Martín Codax. A rúa Rogelio Abalde pasará a ter dobre dirección, pero só se permitirá o acceso aos residentes.
O Concello recomenda aos usuarios da autoestrada que, cando accedan a Vigo, utilicen as saídas de Bos Aires ou de Isaac Peral para evitar retencións en Alfonso XIII. Tamén se lle suxire aos residentes no Morrazo que viaxen habitualmente a Vigo que utilicen o transporte público de ría.