Escoitar

O goberno de Vigo organiza un concerto reivindicativo coa Coral Casablanca para reclamar o AVE directo a Madrid

O concerto da Coral Casablanca será o punto de partida das mobilizacións que goberno local vai organizar para reclamar a conexión Vigo Madrid por alta velocidade. Tal e como explicou o rexedor, o AVE é un dereito irrenunciable para esta cidade.

xoves, 18 mai 2017
Caballero anunciou esta mañá un concerto reivindicativo para reclamar o tren de alta velocidade Vigo-Madrid por Cerdedo. Logo de esperar infrutuosamente unha resposta do Goberno Central a esta reclamación da cidade, o goberno local inicia as anunciadas mobilizacións cun acto cultural festivo ao que estará invitado toda a cidade e que será na Porta do Sol a principios do mes de xuño. O alcalde explicou que o detonante do inicio das mobilizacións foi o voto de Podemos no Senado contra o AVE a Vigo. Trátase, dixo o alcalde en declaracións aos medios, dun dereito irrenunciable e "imos ter AVE queiran ou non. Ímosllo arrancar".