Comezan os traballos de coordinación da mostra ”Terceiro Sector”
As asociacións que participarán na Mostra “Terceiro sector: un mundo de vontades”, coa que se pretende potencia-la relación entre os colectivos sociais rexistrados na cidade e fomenta-la participación cidadá nos mesmos, manterán o venres a súa primeira reunión no Auditorio do Concello.
Nesta xuntanza, na que estarán presentes os coordinadores das asociacións e a concelleira Mariló Cabaleiro, deseñarase o programa de actividades que se van levar a cabo durante os dous días de celebración da Mostra, prevista para o 16 e 17 de xuño no Parque de Castrelos.
“Terceiro sector: un mundo de vontades” vaise converter nun auténtico acontecemento dentro do asociacionismo vigués, pois estímase que participarán directamente nas actividades varios centos de persoas.
Polo que respecta as actividades a realizar serán tamén moi numerosas, xa que tódalas asociacións fixeron variadas propostas, que dan resposta o interese de todo tipo de colectivos.
Dende talleres de artesanía, de reciclaxe ou sobre a implantación do Euro, pasando por xogos con paracaídas, demostracións con scalextric, estación de radioafeccionados, concurso de cans de palleiro e de gato común, xogos intersociais, cociña vexetariana ou teatro serán algunhas das actividades a levar a cabo durante os dous días, nun intento de que os vigueses poidan coñece-lo amplo e variado movemento asociativo que temos na cidade.
Actualmente estímase que Vigo é unha das poboacións españolas cun maior tecido asociativo por número de habitantes.