Escoitar

Obradoiro de emprego "Cre en ti e Crea o teu futuro"

O Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego organiza o obradoiro "Cre en ti e Crea o teu futuro" co fin de dar a coñecer as ferramentas necesarias para poder afrontar os cambios e desafíos persoais e profesionais aos que se enfrontan as persoas que, ou ben están na procura activa de traballo ou están a pensar en emprender unha actividade empresarial pola súa conta.

venres, 8 xul 2016
Datas do obradoiro: 14 e 15 de xullo de 2016

Horario: 10:00 a 14:00 horas

Lugar de celebración:Aula de formación do Centro Local de Emprego (antigo rectorado R/ Oporto, 1 - 2ª

Obxectivo:
Adquirir coñecementos sobre eles mesmos a través de técnicas de autoconocimiento que lles permitirá detectar desde o principio cales son as debilidades e as fortalezas persoais coas que contan, así como os seus talentos e habilidades.

Dirixido a:
Persoas desempregadas, preferentemente do programa "Vigo Integera III" e empadroadas no Concello de Vigo.

Inscrición:
No teléfono 010 do Concello de Vigo. Por riguroso orde de recepción da solicitude. Prazas limitadas

Máis información no 010, www.vigo.org e no correo electrónico ofi.emprego@vigo.org