Caballero destaca a transparencia das contas e o superávit da Fundación Provigo
O rexedor salientou que na xuntanza celebrada este mércores quedou "constatado que é unha entidade coas contas claras e con superávit" e que seguirá traballando para dinamizar a economía da cidade.
Abel Caballero resumiu este mércores os asuntos abordados na reunión do Padroado da Fundación Provigo, celebrada esta mañá, na que, segundo subliñou, "quedou constatado que é unha entidade coas contas claras e con superávit".
Engadiu tamén que a "vocación central" de Provigo é o estudo da marcha da economía da cidade, onde se están producindo noticias en positivo citando o caso dos arredor de 100 traballadores que se incorporarán proximamente ao cadro de persoal de Benteler, acadando os "case 400 empregados". Así, a Fundación continuará o seu labor orientado a "dinamizar a economía da cidade".
Descargar todas as imaxes