Vigozoo abre as listas de preinscrición ás actividades de fin de semana
A concelleria de Medio Ambiente organiza quedadas de fin de semana en Vigozoo os meses de abril, maio e xuño. Tratase dunha actividade destinada a menores de entre 8 a 12 anos que se inicia o sábado ás 16:00 horas e remata o domingo ás 13:00 horas. Cun prezo de 20 euros inclúe cea, almorzo e pernocta nas instalacións do albergue e na nova cabaña de Vigozoo.
Os participantes estarán a cargo de un equipo de monitores especializado e experimentado, que ofrecerán aos participantes unha gran cantidade de actividades ligadas e relacionadas a Vigozoo e a oportunidade de pernoctar nunha cabana a máis de cinco metros de altura nas propias instalacións do zoo.
DATAS OFERTADAS E TEMÁTICA DAS DISTINTAS QUENDAS
-Quenda 1: (23 e 24 de abril).... UN ZOO PARA CONSERVAR
-Quenda 2: (7 e 8 de maio).... INSECTOS E ARÁCNIDOS
-Quenda 3: (14 e 15 de maio).... OS RÉPTILES
-Quenda 4: (28 e 29 de maio).... AS AVES
-Quenda 5: (4 e 5 de xuño).... OS MAMÍFEROS - MARSUPIAIS
-Quenda 6: (11 e 12 de xuño).... ESPECIES AUTÓCTONAS vs EXÓTICAS
-Quenda 7: (18 e 19 de xuño).... ANIMAIS DOMÉSTICADOS; A GRANXA.
HORARIO
Dende o sábado ás 16:00 horas ata o domingo ás 13:00 horas.
PRAZAS
As prazas ofertadas son un total de 59 por quenda.
DESTINATARIOS
Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos.
Con preferencia para participantes EMPADROADOS no Concello de Vigo.
PREINSCRICIÓN
Do 5 de abril ao 3 de xuño.
Se deberá realizar de forma telefónica no teléfono 986 26 77 83 de luns a venres (excepto festivos), de 11:00 a 19:00 horas. Non se atenderán reservas fora destas datas nin deste horario. A preinscrición será por rigoroso orde de chamada e se pechará dúas semanas antes da realización de cada actividade (ou o día laborable inmediatamente anterior si este é festivo), excepto se as prazas non son cubertas.
Únicamente se pode anotar un ou dous participantes por chamada a unha ou varias quendas, indicando a preferencia e sempre tendo prioridade os participantes que non repitan.
A situación de admitido, excluído ou lista de espera será confirmada aos responsables dos solicitantes a través de CORREO ELECTRÓNICO. (É necesario dar unha dirección de correo electrónico válida a tal efecto).
INSCRICIÓN
O procedemento de inscrición será informado aos responsables dos solicitantes a través de CORREO ELECTRÓNICO.
DEVOLUCIÓN:
Se, unha vez obtida a praza e realizado o pagamento correspondente, o/a inscrito/a non pode asistir ao campamento, só terá dereito á devolución da cantidade aboada no caso de que se xustifique por escrito, polo menos con 7 días de antelación ao inicio da actividade, e haxa motivos de forza maior debidamente acreditados.
SORTEO DO ALOXAMENTO NA CABANA DE VIGOZOO
Serán os sábados de actividade a partires das 16:00 horas, coa presenza dos responsables e dos propios participantes, realizarase un sorteo para elixir aos 9 participantes seleccionados para pernoctar na nova cabana da árbore de Vigozoo e a outros 10 reservas. Os participantes seleccionados pernoctarán na cabana. Se existe algún participante seleccionado que non queira durmir na cabana, correrá a lista e será seleccionado o primeiro reserva. Este proceso se repetirá no caso de que existan máis renuncias a durmir na cabana. O resto de participantes pernoctarán nas instalacións do albergue.
Aviso: Se durante o transcurso do campamento o comportamento e a actitude dos participantes seleccionados para pernoctar na cabana, non é o adecuado, ou algún deles prefire pernoctar no albergue, os responsables do campamento poderán cambialos, de forma que correrá a lista de reservas tantas veces coma sexa necesario para cubrir as 9 prazas seleccionadas.
Se durante este proceso se esgotan as reservas e non se cobren as prazas, os responsables do campamento poderán realizar outro sorteo para cubrir as prazas restantes.
Descargar todas as imaxes