Escoitar

Caballero apunta que o lanzamento do aeroporto de Vigo é "irreversible"

O inicio das conexións de Vigo con Boloña e Dublín, que estreou Ryanair esta fin de semana cunha media de ocupación do 90%, significan para o rexedor a confirmación de que se na cidade "hai voos, a cidadanía vai collelos" e afirma que o número de conexións internacionais e nacionais do aeroporto sitúano entre os de maior rango de destinos.

luns, 4 abr 2016
1459774651Vooinauguralbolonia.JPG
Abel Caballero valorou este luns os resultados positivos que deixa a estrea de dous novos destinos internacionais esta fin de semana no aeroporto vigués: as rutas a Boloña e Dublín, que opera Ryanair, rexistraron un 90% de ocupación media, algo que o alcalde "celebra" e que implica que "estamos lanzando de forma irreversible o aeroporto de Vigo".

Ás novas conexións que oferta a terminal viguesa, súmanse outras de carácter internacional que comezarán a funcionar no verán, como é o caso da ruta Vigo-Lisboa operada pola TAP, que Caballero define como "de importancia e interese", e voos a Bruxelas, Roma, Alacante, Menorca, Bilbao, Sevilla, Málaga, Gran Canaria ou Londres que, para o rexedor, sitúan a Vigo "no rango de aeroportos con nivel importante de conexións e cun nivel cada vez máis crecente e a máis velocidade de tráfico aeroportuario", engadindo que "nos asistía a razón cando dicíamos que se en Vigo hai voos, os cidadáns cóllenos".

Ademais, apuntou o alcalde que nos voos que operan desde Vigo "estamos observamos un número non desdeñable de viaxeiros do Norte de Portugal", polo que, "estamos na competencia.".
Descargar todas as imaxes