xoves, 7 abril 2016

Air Nostrum propón cambiar de Bruxelas a París o voo que comeza a operar en Vigo en xullo

A aeroliña vén de propoñerlle ao Concello o cambio de destino a París, durante este ano 2016, mantendo as frecuencias e as prazas previstas no contrato, ante a imposibilidade de garantir a plena actividade do aeroporto de Bruxelas no verán tras os atentados do pasado 22 de marzo. A proposta será valorada con informes técnicos municipais e levada á Xunta de Goberno que ten a "última palabra".

Vigo encabeza o ranking de cidades de máis de 250.000 habitantes que cumpren coa estabilidade e regra de gasto

xoves, 7 abr 2016

Un informe da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal sitúa a Vigo á cabeza do cumprimento da estabilidade e regra de gasto, entre as cidades con máis de 250.000 habitantes, segundo datos de 2015. Esta situación mellorará aínda máis o ano que ven, segundo explicou, cando se teña en conta o prazo de pago a provedores, o nivel de endebedamento e a coherencia entre ingresos e gastos.