Escoitar

O Concello recibe un premio nacional por implementar medidas que facilitan a mobilidade

No Día Europeo sen coche, o Concello de Vigo recibiu nas mans do concelleiro David Regades un premio nacional polas medidas implementadas nos últimos anos en favor da mobilidade. Ademais, esta mañá o rexedor entregou os premios dun concurso escolar de pintura baixo o lema: Elixe, cambia, combina a túa mobilidade na túa cidade.

martes, 22 set 2015
1442929486premios.JPG
Abel Caballero entregou esta mañá os premios aos gañadores dun concurso de pintura escolar organizado con motivo do Día Europeo sen coche. Catro foron as alumnas galardoadas nun certame que tiña por obxectivo promover a concienciación do alumnado sobre a necesidade de conservación do medio ambiente e a loita contra a contaminación.

Coincidindo con esta celebración, o concelleiro de Fomento, David Regades, recibiu esta mañá o recoñecemento de plata nos Premio da V edición da Semana Europea da Mobilidade 2014. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, o xurado valorou as medidas implementadas de forma permanente na área de influencia do Concello. Entre outras, detallou, humanización das rúas, accións na mobilidade vertical ou a remodelación do transporte urbano.

Do mesmo xeito, Caballero lembrou que ao longo deste martes, as lanzadeiras H1 e H2 son gratis tanto de ida como de volta ao novo hospital, mentres que as liñas 6, 12B e 18 son de balde no traxecto de volta.
Descargar todas as imaxes