Escoitar

Socialistas e nacionalistas reclaman á Xunta que cubra a praza de reumatoloxía pediátrica que suprimiu en maio

BNG e PSOE reclaman a Xunta que cubra a praza de reumatoloxía pediátrica que deixou de funcionar en Vigo no mes de maio, cun profesional con formación e experiencia. O texto esixe que se garanta a calidade asistencial que reclaman os pacientes con esta doencia. <br />

xoves, 4 set 2014
O BNG presentou esta mañá no Pleno unha moción na que insta ao goberno galego a cubrir unha praza de reumatoloxía pediátrica que deixou de funcionar no mes de maio en Vigo. O texto, que contou co apoio dos concelleiros socialistas e o voto en contra do PP, esixe un profesional con formación e experiencia avalada pola SERPE para que se garanta a calidade asistencial aos nenos e nenas con doencias reumatolóxicas.

Tamén co voto favorable do PSOE e a abstención do PP, o BNG conseguiu sacar adiante unha moción na que esixe á Xunta de Galicia á volta ao sistema de préstamo universal e que se avance na gratuidade total de todos os medios que se usen no ensino público. O texto tamén reclama que se doten os centros de persoal dabondo para xestionar exeitadamente o sistema de préstamo, así como que non se cambien os libros de texto para o vindeiro curso escolar naqueles cursos nos que se vai implantar a LOMCE.