Escoitar

A Corporación da luz verde "ás ordenanzas fiscais máis sociais da historia"<br />

A tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Carmela Silva, defendou na sesión plenaria desta mañá as modificacións das ordenanzas que permitirán rebaixar a presión fiscal dos vigueses no 2015. Co voto favorable do PP e en contra do BNG, o goberno local presentou unha reducción fiscal que "non se vai producir en ningún outro lugar". <br />

xoves, 4 set 2014
As ordenanzas que o goberno local someteu a aprobación provisional contemplan unha reducción do 1,4% no tipo impositivo do IBI e no da recollida de lixo. Tamén se reduce o imposto de vehículos de tracción mecánica: nun 2% nos de menor cilindrada e nun 1% nos vehículos entre 12 e 15,99 cabalis fiscais. En termos reais, a reducción destos impostos ascende o 3,23%. Durante a súa intervención, Carmela Silva asegurou que "esta importante reducción fiscal non se vai producir en ningún outro lugar". O resto dos impostos e taxas, precisou, conxélanse, o que significa, en termos reais, unha reducción do 1,8%.

Tal e como explicou, estas ordenanzas seguen apoiando aos que máis precisan da acción do público: increméntase o número de persoas que poderán disfrutar da bonificación do 90% no IBI e na recollida do lixo. Por primeira vez, se establece no IBI unha segunda bonificación para aquelas familias numerosas nas que o ingreso bruto per capita se atope entre 6.158 e 7.868 euros.

Increméntase o número de persoas que poden acceder a exención nas escolas infantis e, polo tanto, un maior número de nenas e nenos teran un acceso totalmente gratuito as escolas infantis municipais.

Silva explicou que a presión fiscal diminúe para os discapacitados, para as víctimas de violencia de xenero, para as familias monoparentais, para os desempregados con cargas familiares, para os maiores de 65 anos, para as persoas que viven soas ou para os dependentes.

Por último, introdúcese o pagamento dos tributos do padrón periódico en dez mensualidades dende febreiro a novembro, sen garantías nin xuros de demora. Esto vai facilitar o pagamento á cidadanía. "Xa o tiñamos en marcha para as persoas con mais dificultade e agora se xeneraliza, aclarou.

Non menos importante, dixo, é o esforzo que se esta a facer para impedir o fraude fiscal. "Tamen neste senso somos un exemplo a seguir. Temos traballado arreo para eliminar as bolsas de fraude. Ningún outro Goberno o tiña feito", apuntou a responsable de Facenda. Tamen se referiu ao enorme traballo que se está a realizar facilitar os trámites a cidadanía, "contando co bo traballo realizado pola responsable e polos funcionarios da área de tributos".

En definitiva, concluíu, estamos propoñendo unha importantísima rebaixa fiscal, "a máis importante do conxunto das Administracións que ten unha profunda sensibilidade social, xa que os que mais se benefician son os que mais dificultades están a sufrir".