Escoitar

Benestar Social pide ós conductores solidariedade coas persoas discapacitadas

venres, 11 out 2002
imx1857.jpg
Programa
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou esta mañá as ”cinco regras de ouro” do conductor solidario como parte da campaña de sensibilización para a accesibilidade ”Vigo con tódolos sentidos” que se realiza conxuntamente coa concellería de Seguridade, Tráfico e Transportes e patrocina Caixanova.

A campaña consiste en lembrar ós conductores regras que figuran no código de circulación e a necesidade de respectar as medidas establecidas para conseguir un espacio accesible para todos.

A partir da próxima semana repartiranse un total de 80.000 dípticos que se colocarán nos parabrisas dos vehículos que obstaculizan a vía pública e dificultan o paso ás persoas con discapacidade.

As regras que se lembran son:
1.- Respectemos pasos de peóns e semáforos. Parar completamente é a normativa. Non son espacios para estacionar. Pensa, por exemplo, nos invidentes ou nos nenos...
2.- Non aparquemos en prazas reservadas. A normativa impídeo. Cando ocupas unha praza ”por un momentiño” estás causando un enorme problema ás persoas con algún tipo de discapacidade. Se solidario.
3.- Respectemos esquinas e rebaixes de beirarrúas. Para o colectivo de discapacitados é imprescindible. Para ás persoas cegas é vital: a textura diferente do chan indícalles que é o sitio para cruzar. Para o resto do colectivo cidadán é tamén calidade de vida.
4.- Respectémo-las paradas de autobuses. A única posibilidade de poder utiliza-lo transporte público de ”plataforma baixa” é deixando que o autobús se achegue á beirarrúa. A plataforma baixa é unha seguridade e comodidade para tódalas persoas.
5.- Non aparquemos sobre as beirarrúas. O ancho mínimo para que pase unha cadeira de rodas é de 80 cm. Se teño que xirar necesito 1,50m. As persoas cegas tropezan e as persoas con carros de bebés teñen as mesmas dificultades.

Das 85.000 infraccións de tráfico rexistradas o ano pasado pola policía municipal 10.000 foron por infrinxir algunha destas regras.
Descargar todas as imaxes