Escoitar

Coas obras de axardinamento culminan os traballos de mellora do barrio de Espiñeiro

venres, 11 out 2002
imx1854.jpg
Vieitez e Castrillo
O alcalde, Lois Castrillo, visitou a remodelación dos xardíns do barrio de Espiñeiro, en Teis, última fase das obras de mellora desta urbanización. O barrio conta agora cunha nova rede de saneamento e cun novo alumeado público. Ademais, pavimentáronse as rúas e construíronse beirarrúas. Castrillo destacou que con esta actuación se conseguiu mellorar a calidade de vida dos veciños de Espiñeiro, que contan agora cos mesmos servicios que calquera outra zona de Vigo.

Na derradeira fase de obras de mellora en Espiñeiro axardinouse unha superficie de 3.600 m2 cun investimento de 20.000 euros. Este barrio estaba moi degradado e, mediante esta actuación, os seus residentes poderán gozar dunha maior calidade de vida e de espacios axeitados para o paseo.

A Concellería de Parques e Xardíns plantou 3.000 arbustos e viváceas de 17 variedades, entre as que destacan azaleas, rododendros, santolinas e hebes. Destináronse 950 metros de pradeiras, para o que se precisaron 33 Kg de semente. Ademais, utilizáronse 20 m3 de codia de piñeiro e 10 m3 de áridos (grava) para alfombrar e delimitar espacios.

Para efectuar esta actuación retiráronse 8 camións de cascallos e 6 de restos vexetais. Aportáronse tamén tres camións de terra vexetal.
Descargar todas as imaxes