Escoitar

Caballero asegura que Volotea ampliará o próximo ano os destinos desde Vigo

O alcalde mantivo unha reunión cos responsables da compañía para avaliar o funcionamento dos voos que operan desde Vigo a Ibiza, Valencia e Palma, rutas que van "francamente ben". Caballero confía en que "en setembro" Volotea decida que un avión teña base en Vigo -que significaría entre 25 e 30 empregos na cidade- e asegurou que a aeroliña vai "ampliar as rutas" desde Vigo para a próxima tempada.

venres, 27 xuñ 2014
1403870997volotea.JPG
Abel Caballero eloxiou a proposta de Volotea, unha compañía "de baixo coste e alta calidade" que comezou recentemente a operar as rutas entre Vigo e Ibiza, Valencia e Palma de Mallorca, voos que funcionan "francamente ben".

Tras a reunión mantida cos máximos responsables da empresa, o alcalde asegurou que Volotea anunciará en setembro a ampliación dos destinos que operará desde Vigo na próxima tempada 2014-2015, ao tempo que confía Caballero en que a aeroliña decida asemade que Vigo sexa a cidade base dun dos seus avións.

O alcalde explicou que Volotea carece de avións basados en España e baralla a posibilidade de situar en Vigo a súa primeira base no país. Sería "moi importante", indicou, porque conlevaría unos 25 ou 30 empregos e que a empresa -"estratéxica" para Vigo- pivotaría tamén na cidade.
Descargar todas as imaxes