Escoitar

Inscrición no XX Festival Folclórico Internacional

O Festival Folclórico Internacional, froito do convenio de colaboración entre a Concellería de Cultura e Festas e a Asociación Cultural Interfolc, que chega á súa vixésima edición, abre o prazo de solicitudes de actuacións, que terán lugar entre o 5 e o 10 de agosto. O festival inclúese na programación Vigo en Festas 2014. O festival ten por obxecto fomentar, promocionar e achegar a cultura tradicional e o folclore popular á cidadanía, polo que ofértanse un número máximo de CINCO beneficiarios de actuacións para a presente edición.

venres, 27 xuñ 2014
Poderán inscribirse todas as entidades sen ánimo de lucro e demais persoas xurídicas que reúnan os seguintes requisitos:


- Entidades non lucrativas de carácter sociocultural e veciñal que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións na data de presentación da solicitude.

- Que teñan a súa sede social ou delegación no termo municipal de Vigo.

- Que conforme aos seus estatutos ou normas reguladoras teñan obxectivos e finalidades coincidentes cos obxectivos establecidos nas presentes bases.

- Que dispoñan de estrutura suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos e acreditar a experiencia e capacidade necesaria para o logro de tales obxectivos.


As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (praza do Rei, 1), dende o venres 27 de xuño ata ás 13:30 h do venres 4 de xullo, ambos inclusive.

Máis información