Escoitar

Clausura exposición Pinacoteca

Este domingo 15 de decembro clausurarase a exposición de pintura europea antiga na Pinacoteca Francisco Fernández del Riego (r/ Abeleira Menéndez, 8). A mostra, baixo a denominación "Natureza morta, natureza viva", presenta unha selección de obras de bodegón e paisaxe realizadas nas principais escolas europeas durante os séculos XVII, XVIII e XIX.

martes, 10 dec 2013
1386681524naturezamorta.jpg
No percorrido da exposición pode observarse tanto o diferente enfoque que cada nacionalidade fai destes temas como aprezar a evolución de ámbolos dous xéneros neste período principal da historia da arte no que a natureza pasa a un primeiro plano e se converte en tema predilecto do artista. Deste xeito podemos contrastar a minuciosidade de holandeses ou flamengos na representación de bodegóns e floreiros (Eliaerst, Heda, Van Pol, Hondecoeter) fronte á monumentalidade clasicista da escola italiana (Anónimo s. XVII); ou valorar como a paisaxe pasa de ser un simple pano de fondo no que se desenvolve unha representación (Van Nieuland, Momers) ata alcanzar valor per se, como obxecto de estudo ou contemplación, mesmo espello do sentimento do artista (Van der Meer II, Claudio de Lorena (copia de Estrada), Bruandet).

A mostra está comisariada por José Ballesta, director do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".
Descargar todas as imaxes