Escoitar

Caballero asegura que o Concello superará en 2013 os 3.600 empregos creados no pasado ano

O alcalde fixou como obxectivo "superar" os 3.600 postos de traballo creados no 2012, entre directos e indirectos, pola acción do Concello, para o que as contas deste ano reservan 5,5 millóns de euros para Emprego, ademais dos investimentos. Caballero participou hoxe xoves na entrega de diplomas do "Vigo Laborando"

xoves, 28 feb 2013
1362069192emprego.JPG
"Neste momento estamos volcados de forma absoluta na procura de emprego", afirmou Abel Caballero, quen explicou que o orzamento deste ano incrementa nun 17% os recursos para o Plan Municipal de Emprego con respecto a 2012.

Para 2013, o goberno local dispón de 5,5 millóns de euros para programas de creación de emprego directo, ademais dos 17 millóns de euros para "emprego keynesiano", co que o alcalde agarda "superar" a cifra de 3.600 postos de traballo xerados desde o Concello no pasado ano. Caballero reclamou da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra investimentos en Vigo en materia de emprego.

O alcalde de Vigo participou esta mañá nun acto de entrega duns 250 diplomas ás 120 persoas que se forman no programa municipal "Vigo Laborando", dos que un 30% xa atoparon un posto de traballo -preto de 40 desempregados-. Caballero adiantou que a intención do Concello é incrementar esta porcentaxe ata o 40%.

"Vigo Laborando" ofrece formación en distintos ámbitos, como informática, tecnoloxía ou cursos de carácter sectorial. Os responsables do proxecto asesoran ao alumnado sobre os procedementos de búsqueda de emprego, elaboración de curriculos vitae, etc.
Descargar todas as imaxes