Escoitar

O Concello xa repuxo os 80 dispositivos de teleasistencia retirados polos recortes do Goberno Central

Abel Caballero avanzou que as 80 persoas maiores ás que lles foi retirado o dispositivo da teleasistenicia froito dos recortes do Goberno Central xa recuperaron os pulsadores. Atribuiu esta eliminación, xa correxida polo Concello, "a unha acción neglixente da Deputación , da Xunta e do Goberno Central".

xoves, 28 feb 2013
O alcalde de Vigo anunciou hoxe xoves a reposición dos 80 dispositivos de teleasistencia retirados polos recortes do Goberno Central. Durante unha comparecencia, Caballero atribuiu esta retirada do servizo, xa reposta polo Concello, a unha "acción neglixente da Deputación, da Xunta e do Goberno de España".

Respecto do proceso administrativo polo que o Concello asumiu esta prestación, precisou que quedará cuberto cun contrato provisional durante os próximos meses, avanzando que, de cara a xuño, poderá sair a concurso o servizo. "Mentres que nós gobernemos, ninguén se vai quedar sen teleasistencia porque dela depende a vida de moitas persoas", remachou.