Xunta de Goberno Local
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 1 DE MARZO DE 2013.
1.- Acta da sesión ordinaria do 22 de febreiro de 2013.
BENESTAR SOCIAL
2.- Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 2289/11, 2619/11 e 328/22.
CONTRATACIÓN
3.- Expediente de alleamento de 140 unidades de colectores metálicos. Expte. 4372/241.
4.- Solicitude de Longo, Ansa y Asociados, S.L. de devolución de fianza. Expte. 4371/241.
CULTURA E FESTAS
5.- Solicitude de participación do Concello de Vigo na XXXI Edición do premio de novela longa "Eduardo Blanco Amor". Expte. 14132/331.
6.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados polo Servizo de Museos no mes de xaneiro de 2013. Expte. 289/341.
7.- Dar conta da relación de expedientes de gasto menor tramitados pola concellería-delegada de Festas durante o mes de xaneiro-2013. Expte. 4995335.
DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
8.- Proposta para promover ante a Consellería de Traballo e Benestar a cualificación como ILE do proxecto empresarial "Pigma Gráfica, C.B.", Expte. 9515/77.
IGUALDADE
9.- Bases reguladoras e convocatoria específica de subvencións da Concellería de Igualdade para o ano 2013. Expte. 5823/224.
MEDIO AMBIENTE
10.- Indemnización substitutiva: factura da Asociación Protectora de Animais pola prestación do servizo de recollida e atención do refuxio de animais do mes de xaneiro de 2013. Expte. 9222/306
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
11.- Proposta de solicitude de subvención á Secretaría Xeral de Política Lingüística para contratación de persoal técnico do SNL. Expte. 1590/334.
RECURSOS HUMANOS
12.- Complemento de produtividade por toxicidade do persoal do Servizo de Desinfección, correspondente ao mes de xaneiro 2013. Expte. 23905/220.
13.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal dos distintos servizos, correspondente ao mes de xaneiro de 2013. Expte. 23896/220.
14.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo de Cemiterios por xornada partida, correspondente ao mes de xaneiro 2013. Expte. 23894/220.
15.- Produtividade por condución de vehículo municipal sen seren oficias do persoal do Servizo de Electromecánicos, correspondente ao 4º trimestre do ano 2012. Expte. 14620/444.
16.- Complemento de produtividade do persoal do Servizo do Parque Móbil por toxicidade, correspondente ao mes de xaneiro de 2013. Expte. 23893/220.
17.- Rectificación erro acordo da XGL de data 21-12-12, relativo á adxudicación de complemento de produtividade a favor da funciona Dª Mª Carmen Pazos Area. Expte. 23888/220.
18.- Declaración de excepcionalidade do Servizo e nomeamento interino por acumulación de tarefas polo período de dous meses, dunha técnica media de Normalización Lingüística. Expte. 23840/220.
19.- Dar conta das seguintes Resolucións:
a) Do alcalde-presidente, de data 21-02-2013, de prórroga da comisión de servizos outorgada a D. Luís García Álvarez para o posto de interventor xeral municipal. Expte. 22799/220.
b) Do alcalde-presidente de data 19-02-2013, dispoñendo que as competencias en materia de patrimonio municipal pasen a estar incluídas na Área de Urbanismo, Cascos Históricos, Grandes Proxectos e Patrimonio. Expte. 23915/220.
c) Do concelleiro-delegado de Xestión Municipal autorizando redución de xornada, coa diminución proporciona de retribucións, da funcionaria Dª Mónica Muradás Garrido. Expte. 23874/220.
SECRETARÍA XERAL
20.- Petición da "Asociación Viguesa Pola Memoria Histórica do 36", referida á cruz do Monte do Castro. Expte 1349/110.
SERVIZOS CENTRAIS
21.- Dar conta do pase á vía de constrinximento de multas urbanísticas. Expte. 6675/407.
XUVENTUDE
22.- Expediente de contratación para a prestación do Servizo de Información Xuvenil. Expte. 3827/336.
23.- Rogos e preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 1 de marzo de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.
Vigo, 27 de febreiro de 2013.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,
Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.