A xornalista viguesa Ana Guantes será a pregoeira do Entroido 2013
O alcalde de Vigo informou hoxe mércores desta nova de cara ao Entroido deste ano. Caballero definiu a Ana Guantes como unha "recoñecida profesional da radio desta cidade" que agora está "exercendo de viguesa activa" desde o seu papel xornalística en Madrid.
O alcalde recordou que o Concello de Vigo adica 85.000 euros para a celebración do Entroido deste ano, que contará con Ana Guantes á fronte da lectura do pregón, o próximo venres ás 20:30 horas. Abel Caballero recoñeceu á xornalista que aceptase de inmediato o ofrecemento.