O rexedor descubre unha placa no único Centro de Inclusión de Vigo, "o único de Galicia"
Abel Caballero aproveitou o acto simbólico de descubrir unha praca no Centro de Inclusión Social para achegarse ao funcionamento do Centro de Día e da Lavandería, os últimos servizos en entrar en funcionamento nas intalacións de Marqués de Valterra.
O alcalde fixo hoxe martes o descubrimento simbólico dunha praca no Centro de Inclusión Social de Vigo, "o único de Galicia e uno dos poucos de España". Durante a visita as instalacións de Marqués de Valterra, o rexedor comprobou o funcionamento do Centro de Día e da Lavandería, os dous últimos servizos en entrar en funcionamento. O Centro de día, condebido para 20 persoas, é en réxime diurno e oferta atención sicosocial, actividades formativas prelaborais e laborais, obradoiros ocupacionais e de saúde, entre outros. Os destinatarios son adultos en situación de risco social con ingresos económicos inferiores ao 80% IPREM.
O rexedor, durante a comparecencia cos medios, lembrou qeu os servizos de comedor e albergue funcionan a pleno rendemento e detallo que o pasado luns foron 71 as persoas que se achegaron a comer, mentres que o pasado fin de semana durmiron alí 45 usuarios.
Descargar todas as imaxes