O Concello organiza un Entroido 2013 máis axustado econonómicamente sen mermar a calidade
Abel Caballero, acompañado pola concelleira de Festas, Isaura Abelairas, presentou hoxe martes o programa do Entroido 2013, cun orzamento de 85.000 euros, que permitiron organizar unhas festas para que "Vigo disfrute de 5 días de tradición e diversión".
Abel Caballero explicou hoxe martes que os axustes económicos que se fixeron na organización do Entroido 2013 non impedirán que sexan unhas "magníficas festas para que Vigo disfrute de 5 días de tradición e diversión. A organización deste evento, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", contou cun orzamento de 85.000 euros, fronte aos 95.000 euros do ano pasado.
Tal e como explicou nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola concelleira responsable, Isaura Abelairas, o Entroido de Vigo arrancará este ano o próximo venres 8 de febreiro coas Murgas e as Charangas que percorrerán desde as 19,00 horas as rúas Príncipe, Porta do Sol, Praza da Princesa, Praza da Constitución e Centro Histórico. Segundo detallou o rexedor, as 20, 00 horas, na Porta do Sol procederase á entronización do Meco e media hora máis tarde chegará o momento do pregón na praza da Constitución, que estará seguido polo concurso de Coplas.
O sábado 9 de febreiro comezará sobre las 17,00 horas a animación na rúa en Urzáiz, Príncipe, Porta do Sol, Praza da Princesa, Carral, Praza de Compostela, Colón e Policarpo Sanz. A esa mesma hora, concentrarase na rotonda de Isaac Peral a comitiva rexia, que media hora máis tarde será recibida na praza de Compostela. O desfile de comparsas e carrozas comezará as 18,00 horas na rotonda de Isaac Peral que percorrerá Policarpo Sanz, ata a Porta do Sol, aquí arrancará a verbena ás 22,30 horas, coas actuacións das orquestas Pontevedra e Limón.
Segundo o programa, o domingo 10 e o luns 11 estará adicado aos máis pequenos, con actividades lúdicas, hinchables e obradoiros na Praza do Rei a partir das 17,00 horas. A partir das 19,00 horas do martes 12 de febreiro, haberá animación nas rúas la Praza da Constitución, na rúa Príncipe, na Porta do Sol, na Praza da Princesa e no Centro Histórico. Antes, ás 18,30 horas celebrarase na Praza do Rei o concurso de disfraces. A inscrición será posible na mesma carpa desde as 17,00 horas. As 22,15 horas empezará a verbena na Porta do Sol, coa orquesta Marbella, unha actuación que será interrumpida ás 22,30 horas para queimar o Meco.
As 18,00 do mércores 13 de febreiro organizaránse na Praza da Constitución as exequias funerarias solemnes e media hora máis tarde, ás 18,30 horas, sairá a comitiva cara a Porta do Sol.
Respecto dos concursos, serán preto de 20.000 euros a cuantía que se reparta en premios nas tres categorías: comparsas e carrozas, coplas e difraces.
Descargar todas as imaxes