O alcalde anima aos colexios de Vigo a participar en actividades divulgativas sobre os humedais
Abel Caballero e Chus Lago compartiron hoxe luns unha actividade divulgativa na zona húmida de A Bouza cun centenar de estudantes de 6º de primaria. Durante a visita, o alcalde enmarcou esta experiencia dentro dos traballos de recuperación e mantemento dos sete humedais cos que conta Vigo.
O alcalde de Vigo participou esta mañá nun actividade divulgativa organizada cun centenar de estudantes de 6º de primaria na zona húmida de A Bouza, con motivo da celebración, o pasado día 2, do día dos humedais. Acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, e por un grupo de voluntarios do Concello, o rexedor explicou que o Concello segue cos traballos de recuperación dos 7 humedais que hai en Vigo, expandidos ao longo de 314.000 metros cadrados. Así, desde o departamento de Medio Ambiente estase a traballar, ademais de en A Bouza, en Barreiro, Muíños, Goberna, Vao, Fontes Pertegueiras e a Xunqueira do Lagares que, neste último, tal e como explicou o rexedor, vaise recuperar toda a superficie co retranqueo nas obras da depuradora.
Durante a visita, Caballero avanzou o interese do Goberno local porque todos os centros educativos de Vigo soliciten esta visita, que hoxe se facía de xeito simultáneo nos humedais de Barreiro e Muíños. Trátase, explicou, dunha actividade educativa con biólogos e especialistas mediambientais para que os alumnos aprendan a retirar prantas invasoras e reprantar especies autóctonas. Nesta tarefa, edemais da Brigada mediambiental, o Concello conta coa colaboración "centos de voluntarios que cooperan activamente para o mantemento destas zonas". Concretamente, dixo, grazas ao traballo dos voluntarios xa se retiraron especies invasoras en máis de 3.000 metros cadrados cun volume superior a 850 sacos xigantes, ademais de 800 reprantacións de 28 especies distintas. Rematou felicitanto a concelleira de Medio Ambiente polo seu traballo de movilización cidadá cos voluntarios, os participantes no Camiño a camiño e os escolares.
Descargar todas as imaxes