Equipos de alto nivel participan no VI Torneo Internacional ”Cidade de Vigo” de loita libre olímpica e grecorromana
O concelleiro de Deportes e o presidente e adestrador da Federación Galega de Loita presentaron o Torneo Internacional ”Cidade de Vigo” que se celebrará o 9 de novembro no pavillón central das Travesas. As seleccións rusa, francesa, italiana e galega competirán por este premio nas modalidades de loita libre olímpica e loita grecorromana.
Santiago Domínguez agradeceulles aos organizadores deste torneo, que se celebra por sexto ano consecutivo, o labor de promoción deste deporte que conta con moitos clubes e licencias na cidade a pesar de estar entre os denominados ”deportes minoritarios”. O Concello de Vigo aposta por este evento internacional que será un espectáculo de calidade. Os interesados poderán asistir de forma gratuíta.
O sistema de funcionamento deste torneo ten previstas as eliminatorias en tapices homologados ás 10:00, a celebración de semifinais e finais a partir das 17:00 e a entrega de trofeos e medallas ás 20:00. Participarán equipos de alto nivel que obtiveron medallas en campionatos europeos.
Descargar todas as imaxes