O Concello restaurará as escaleiras da subida ao Castro
A Comisión de Goberno aprobou o proxecto de mellora das escaleiras de pedra da subida ao Castro, dende Camelias ata o monumento das áncoras. Con esta actuación preténdese restaurar unha zona do parque deteriorada polo paso do tempo e algunhas accións vandálicas.
A actuación consistirá na limpeza con auga a presión da escaleira, a eliminación das pintadas e a reposición de todas as pedras danadas. Tamén se limpará o monumento das áncoras e se substituirá o asfalto que hai ao seu redor por lastro de granito, material moito máis apropiado para ese contorno. O presuposto é de 29.249 euros.
Novo sistema de calefacción para o Colexio Fleming
O goberno municipal acaba de adxudicar o concurso para a instalación dun novo sistema de calefacción no Colexio Público Fleming. O Concello inviste nesta obra de mellora 29.233 euros, que se suman aos 36.000 que se están a gastar neste mesmo centro na construcción dunha pista polideportiva cuberta.
Estas obras forman parte dun amplo programa de investimentos que está a desenvolver o Concello de Vigo para mellorar as instalacións e o equipamento dos colexios públicos da nosa cidade. Neste ano renováronse os sistemas de calefacción noutros tres centros, construíronse varias pistas polideportivas e realizáronse unha morea de obras máis como a creación de áreas de xogo infantil ou a renovación de aseos. O investimento total superou os 700.000 euros.
O concelleiro de Facenda, Xavier Toba, anunciou que é intención do goberno municipal continuar o vindeiro ano co programa de mellora das instalacións dos colexios públicos de Vigo, para o que se incluirá a correspondente partida nos presupostos municipais.
Descargar todas as imaxes