Escoitar

Turismo participa no Salón Náutico de Barcelona

xoves, 31 out 2002
imx1938.jpg
Cartel
A Concellería de Turismo estará presente na 41 edición do Salón Náutico de Barcelona que se celebrará entre o 2 e 10 de novembro en Cataluña. Turismo, que vén apostando pola promoción do turismo náutico dende hai tempo, estará presente no pavillón de Turgalicia onde amosará unha variada oferta para atraer visitantes a Vigo e outra especializada en aspectos náuticos.

Máis de 500 expositores nacionais e internacionais dun total de 32 países mostrarán nos dous espacios deste salón a maior concentración de embarcacións e productos relacionados coa náutica deportiva e de recreo en España, que o converten nun dos máis destacados de Europa. A organización deste salón náutico agarda este ano unha afluencia de 160.000 persoas.

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes