Escoitar

O Supremo ratifica que a Autoridade Portuaria deberá aboarlle o IBI ao Concello

luns, 4 nov 2002
O Tribunal Supremo considerou inadmisible o recurso de casación interposto pola Autoridade Portuaria de Vigo e declarou firme a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que obrigaba a liquidarlle ao Concello 340.000 euros correspondentes ao imposto de bens inmobles de 1996. Ademais, impóñenselle á Autoridade Portuaria as costas procesais causadas pola presentación deste recurso.

A débeda contraída pola Autoridade Portuaria co Concello de Vigo polo impago do IBI nos últimos anos estímase en 3.915.662 euros (650 millóns de pesetas). O concelleiro de Facenda, Xavier Toba, manifestou que, co precedente desta sentencia é moi probable que os tribunais acaben condeando a Autoridade Portuaria a satisfacer o resto da débeda que ten contraída coa Administración municipal.