Concello e Zona Franca culminan varios meses de negociación cun acordo para desenvolver proxectos no marco do novo PXOM
Concello de Vigo e Consorcio da Zona Franca asinarán un protocolo no que especificarán as áreas nas que colaborarán nos próximos anos para desenvolver proxectos de carácter estratéxico para a cidade. O protocolo é unha declaración de intencións que se concretará en compromisos a través de diversos convenios que se van asinar nos próximos meses.
O alcalde, Lois Castrillo, salientou o feito de que por primeira vez Concello e Zona Franca vaian subscribir un documento no que establecen liñas de cooperación estratéxica para desenvolver polígonos industriais, infraestructurtas viarias e programas de creación de equipamentos culturais e sociais. Castrillo lembrou que técnicos das duas institucións levan varios meses estudiando as fórmulas de colaboración posibles para que os contidos do próximo Plan Xeral de Ordenación Municipal poidan desenvolverse co impulso da iniciativa pública.
O protocolo que aprobará o próximo pleno da corporación municipal recolle os seguintes ámbitos de colaboración entre Concello e Zona Franca:
- O desenvolvemento dun proxecto urbanístico con equipamentos de lecer nas instalacións da antiga ETEA
- A rehabilitación e revitalización do ámbito do PEPRI Casco Vello e a colaboración no futuro Plan Especial de Edificios a Conservar
- A ampliación do polígono industrial de Balaídos
- A ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico e, no seu momento, o desenvolvemento dun novo polígono industrial en Valadares-Matamá.
- A recuperación da área urbana Teis-Guixar.
- O desenvolvemento e planificación de aparcadoiros.
- A ampliación das instalacións do Museo do Mar e os espacios públicos que o rodean.
O Concello incorporará ao novo PXOM cada un destes proxectos e o Consorcio da Zona Franca colaborará técnica e economicamente na súa execución.