Escoitar

O museo de Castrelos inicia un ciclo de exposicións temporais

luns, 14 out 2002
imx1861.jpg
Museo de Castrelos
O museo municipal ”Quiñones de León” principia un novo servicio que consiste na exhibición de exposicións temporais co obxectivo de achegar á cidadanía a este centro.

Os temas das exposicións temporais serán aspectos relacionados coa cidade en todos os seus ámbitos, arqueoloxía do sur de Galicia e arte galega do século XX.

Historia, sociedade, cultura serán algúns dos temas relacionados con Vigo que serán obxecto de exhibición a través de mostras temporais, igual que as exposicións previstas de artistas representados nas coleccións municipais.

Na actualidade está aberta a mostra ”VII Maratón Fotográfico” elaborada a partir das imaxes de Vigo obtidas no concurso organizado pola Agrupación Fotográfica Galega en colaboración coa Concellería de Festas e Animación Sociocultural.

Con motivo do XX aniversario da morte do escultor Camilo Nogueira, organizarase unha mostra da súa obra. Outra das exposicións previstas será sobre a relación dos nenos co museo, unha relación dos traballos elaborados a partir das visitas escolares.

O acceso á sala de exposicións do museo é libre e gratuíto. Os horarios son de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 martes, mércores e xoves: os mércores abre de 10:00 a 20:00: os sábados de 10:00 a 13:30 e os domingos, luns e festivos permanece pechada.
Descargar todas as imaxes