Escoitar

O alcalde entrega os premios Vide aos mellores representantes do fútbol local desta tempada

O alcalde de Vigo fixo entregou hoxe martes os premios Vide aos mellores representantes do fútbol local da tempada 2011/2012. Este ano, cando se celebran os dez anos de vida da Vigo Cup, recoñecese a labor de persoas relacionadas con este evento: Jorge Santos, ex director de Infancia, Juventud y Deporte de Caixanova e Belarmino Alonso, Milucho.

martes, 3 xul 2012
1341336265vide.JPG
Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, fixo entrega esta tarde de martes dos Premios VIDE, que pretenden recoñecer ao fútbol local como paso previo ao inicio da Vigo Cup ou aprovetiando a súa disputa. Entréganse desde 2003, coa única excepción da edición de 2007.

Os premios VIDE, de recoñecemento de méritos pola tempada 2011/2012, son:

Mellor promesa sub 21. Rubén Blanco Veiga (Mos, 25 de xullo de 1995). Xogador do Real Club Celta. Foi internacional sub 16 e sub 17 con España. No Celta xogou no cadete e no B, entrenando as veces con primeiro equipo, no que entrou nalgunhas convocatorias. Disputou a Vigo Cup co Santa Mariña en cuatro categorías (sub 7, sub 8, sub 12 e sub 14) e formouse nas escolas deportivas municipais.


Mellor directivo. Manuel Gómez, vicepresidente do Club Polideportivo Alerta Traviesas. Empezou como pai-directivo no club, e cando se foi o seu fillo continuou ata hoxe.


Mellor club. A Unión Deportiva Santa Mariña nace en 1947 froito da unión dos dous equipos, Figueiras e Santa Mariña, e a súa entrada como directivos do C.D. Cabral, que debuta como club federado na liga 1948/1949. O Santa Mariña está moi ligado á Vigo Cup, na que xa levantou sete títulos entre 2005 e 2011 e xogou trece finais desde 2002, co parentese das edicións de 2003, 2008, 2009 e 2010.

Premios sorpresa. VIDE leva desde 2002 organizando a Vigo Cup por encargo da Concellería de Deportes. Aproveitando os dez anos de organización, propónse recoñecer a labor de dúas persoas moi vinculadas ao evento. Jorge Santos, exdirector de Infancia, Juventud y Deporte de Caixanova, e Belarmino Alonso, Milucho, teñen sido básicos na consolidación deste campeonato internacional.
Descargar todas as imaxes