O Concello destina máis dun millón de euros a clubs deportivos de elite e de base
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, informou este martes da aprobación polo goberno local das subvencións ao deporte da cidade, 445.000 euros para clubs de elite e outros 600.000 máis para 171 entidades. O edil subliñou que os pagos adiántanse este ano ao verán, cando en 2011 foron efectivos en novembro.
O responsable do departamento municipal de Deportes informou da aprobación, na última Xunta de Goberno Local, de axudas a clubs da cidade que poderán ser abonados en xullo, dependendo do estado de tramitación de cada expediente.
O orzamento de Deportes para 2012, aprobado recentemente, contempla 1.045.000 euros para achegas a distintas formacións viguesas, distribuídos nos 445.000 para clubs de elite o nos 600.000 para un total de 171 entidades, maioritariamente de base. A tramitación administrativa acelerouse nesta edición para que os pagos poidan percibirse no verán, cando o pasado ano foran efectivos no mes de novembro.
Entre outros, e segundo desglosou Fernández, o Celta de baloncesto feminino percibirá 106.000 euros, o Octavio da máxima categoría do balonman masculino recibirá 130.000 euros, o Coruxo FC sumará 76.000 euros, o Vigo Volei 59.000 e o AMFIV de baloncesto en cadeiras de rodas contará con 52.000 euros.
O concelleiro quixo salientar o "esforzo solidario e o compromiso" do goberno municipal en favor do deporte vigués, que comparou coa Deputación de Pontevedra ou a Xunta de Galicia: "ningunha outra administración fai este esforzo coas entidades deportivas", asegurou Fernández.
Descargar todas as imaxes