Escoitar

Pleno da Corporación sesión extraordinaria

martes, 3 xul 2012
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 10

A Disposición adicional primeira da Lei 4/2012, do 12 de abril, da Área Metropolitana de Vigo, no seu apartado 1, sinala que cada concello, no prazo de trinta días dende a entrada en vigor da Lei, debe convocar sesión extraordinaria do Pleno para designar aos seus representantes á Asemblea Metropolitana que non sexan membros natos dela. O artigo 6.4 da Lei 4/2012, referente ao procedemento de designación, indica que a mesma realizarase conforme á proposta previa de cada grupo político e segundo o indicado na Disposición transitoria segunda.

Aos efectos anteriores realízase a presente

CONVOCATORIA:

ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día CATRO de XULLO de 2012, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.

1.- Toma de coñecemento polo Pleno do Concello de Vigo das designacións realizadas polos grupos políticos municipais como representantes deste Concello na Asemblea da Área Metropolitana de Vigo.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día CATRO DE XULLO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 27 de xuño de 2012

O ALCALDE,Abel Caballero Álvarez

O SECRETARIO XERAL DO PLENO, José Riesgo Boluda.