Escoitar

Entrega de premios do VII Maratón Fotográfico ”Concello de Vigo”

martes, 8 out 2002
imx1841.jpg
Programa
A exposición de obras finalistas do VII Maratón Fotográfico ”Concello de Vigo” inaugurarase o mércores 9 de outubro no museo municipal Quiñones de León. No decurso do acto, organizado por Festas e Animación Sociocultural e a Agrupación Fotográfica Galega, darase a coñecer o acordo do xurado e efectuarase a entrega de premios.

Os premios para os gañadores serán de 900 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 300 para o terceiro. Tamén haberá tres accésits de 150 euros cada un deles. Os temas propostos para o concurso foron ”Barrios de Vigo”, ”Bouzas, barrio de contrastes”, ”Mercados” e ”Vacacións”. En total, participaron 95 persoas. Coas 125 fotografías seleccionadas realizarase unha exposición no museo de Castrelos que permancerá aberta ata o 9 de novembro.

O xurado de cualificación, tras unha primeira escolma valorou as fotos preseleccionadas. Estivo composto pola concelleira de Festas e Animación Sociocultural, Isaura Abelairas, e cinco vocais de recoñecido prestixio dentro do mundo da fotografía e da arte.

Aos participantes entregouselles cadansúa película con 12 fotos, o seu número de identificación e unha camiseta conmemorativa que vestiron durante o transcurso do maratón, celebrado o 21 de xullo. Tódalas fotografías realizáronse dentro dos límites do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes