Abel Caballero di que os XVI Xogos Autonómicos Special Olympics de natación "son a plasmación real da solidariedade"
Os XVI Xogos autonómicos de natación para discapacitados intelectuais disputaranse este domingo na piscina do Carmen, do IMD das Travesas, baixo a organización da Asociación San Francisco. A inauguración terá lugar ás 10:45 horas co desfile dos ao redor de 300 deportistas participantes e coa lectura do lema dos deportistas de Special Olympics, comezando as probas xusto ao mediodía.
"Son os Xogos da igualdade, o que a lei mandata, e a plasmación real da solidariedade", subliñou Abel Caballero na presentación do evento, hoxe en Alcaldía e acompañado polos concelleiros de Políticas de Benestar, Isaura Abelairas, e de Deportes, Manel Fernández, así como polo presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández, e o Pai Carlos Ortiz.
Trinta entidades das corenta e unha adscritas a Special Olympics acoden a Vigo, sendo dúas delas locais (San Francisco e Saladino Cortino) e un total de nove da provincia, a que presenta máis participación.
O Pai Carlos agradeceu o apoio do alcalde, "que dende o principio soubo porse ao noso lado e nunca nos pecha a porta", entres que Eladio Fernández lembrou que "estas competicións teñen un concepto de igualdade e integración que promove que as persoas con discapacidade estean na sociedade e que esta as coñeza polo que son capaces de facer".
Descargar todas as imaxes