Les Luthiers estrean en España o seu novo espectáculo Lutherapia, que chegará a Vigo o 20 de marzo
Vigo, Oviedo e A Coruña son as tres primeiras cidades españolas que acollerán a divertida sesión de terapia coa que o quinteto arxentino celebra o 45 aniversario no escenario. En Vigo, o 90% da capacidade do Auditorio Mar de Vigo está xa ocupada.
Les Luthiers iniciará a próxima semana en Oviedo a estrea española da obra Lutherapia, un espectáculo que representa o número 33 da carreira do quinteto arxentino logo de 45 anos sobre os escenarios.
Lutherapia chega precedida dun éxito absoluto de crítica e de público nas súas primeiras actuacións en Latinoamérica. Baseada nunha divertida sesión de psicanálise, está composta por dez obras novas entre as que se inclúen títulos como O cruzado, o arcanxo e a arpía (Opereta Medieval), As vodas do Rei Pólipo (Marcha Prenupcial), O flautista e as ratas (Orratorio), Aria Agraria (Tarareo Conceptual) e O día do final (Exorcismo Sinfónico-Coral).
Este espectáculo, seguindo coa tradición do grupo, tamén introduce novos instrumentos informais, aceno de identidade de Les Luthiers, como a Exorcítara, o Bolarmonio e o Thonet.
As primeiras representacións da xira realizaranse en Oviedo (do 8 ao 12 de marzo), A Coruña (do 15 ao 18 de marzo) e Vigo (do 20 ao 24 de marzo). Do 25 de setembro ao 21 de outubro actuarán no Palacio Municipal de Congresos de Madrid.
Aínda que inicialmente as actuacións en Oviedo estaban previstas do 8 ao 11 de marzo, Les Luthiers decidiu realizar unha quinta sesión o día 12 para atender as demandas dos seus seguidores.
A venda de entradas tamén marcha a bo ritmo nas dúas cidades galegas. Na Coruña, que se representará no Coliseum, xa se venderon o 75% das localidades. En Vigo, o 90% da capacidade do Auditorio Mar de Vigo xa está ocupada.
Lutherapia é a máxima expresión da vixencia e a capacidade de renovación do quinteto arxentino. A xira en España coincide coa celebración da súa 45 aniversario. A súa traxectoria foi recoñecida con máis de 30 premios. O último deles, un dos máis prestixiosos, o Latín Grammy 2011 "Premio á Excelencia Musical" pola súa carreira artística.
Vigo
Datas: 20, 21, 22, 23 y 24 de marzo de 2012
Recinto: Auditorio Mar de Vigo
Prezos: A partir de 50 euros
Venda de entradas: entradas.com e servinova.com
Máis información: http://www.facebook.com/lesluthiers.espana
Descargar todas as imaxes