Escoitar

Caballero adianta que o voluntariado colaborará no avance da cidade en distintos ámbitos profesionais

O alcalde de Vigo reuníuse este mércores co Consello Asesor de Voluntariado, tras o que anunciou que o Concello está a elaborar un novo movemento cidadá de voluntarios que coopere no avance de Vigo desde todos os enfoques: educativo, cultural, etcétera. Atendendo a este novo modelo, Caballero adiantou que voluntarios poderían realizar visitas pola cidade ou guías en museos municipais, por exemplo.

mércores, 28 dec 2011
1325091279voluntariado.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que "queremos construir un movemento cidadá que coopere no avance da cidade desde todos os enfoques", como a educación ou a cultura.

Avoga o alcalde, tras entrevistarse co Consello Asesor, porque os voluntarios aporten en favor da cidade os seus coñecementos e experiencia profesional, polo que o novo modelo ampliado podería conlevar que voluntarios realicen visitas turísticas pola cidade ou percorridos guiados por museos municipais, sen interferir na actividade dos profesionais do sector.