Escoitar

Caballero avanza que a Rede Social Galicia Sur cooperará co goberno local no funcionamento do albergue

Abel Caballero e representantes do colectivo mantiveron hoxe martes un encontro no que o rexedor informoulles da resolución definitiva dunha "cuestión de gran envergadura", como é o albergue. Ambos acordaron "manter unha cooperación activa sobre o funcionamento do albergue" e a Rede visitará a instalación para aportar eventuais melloras no dispositivo.

martes, 27 dec 2011
1324990988albergue.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou que esta "cuestión de gran envergadura" para a cidade como o albergue "está resolta definitivamente", co dispositivo de emerxencia de frío xa operando en Marqués de Valterra, onde entre marzo e abril poderá comezar a funcionar o albergue definitivo.

Goberno local e a Rede acordaron "manter unha cooperación activa sobre o funcionamento do albergue", constituído como o "núcleo duro" da atención ás persoas sen teito, pero que non resolve todo, pois hai que traballar en conseguir que estes acudan ao dispositivo.

Segundo explicou en rolda de prensa, o alcalde ofreceulles visitar as instalacións de Marqués de Valterra para aportar posibles melloras que consideren ao inmoble, que está actualmente en "magníficas condicións".
Descargar todas as imaxes