Escoitar

O Concello fomentará a convivencia de deportistas vigueses cos alumnos e alumnas de educación especial do Seis do Nadal

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, visitou hoxe as aulas de Educación Especial do colexio público Seis do Nadal, invitado polo centro. Durante tres cuartos de hora interesouse polas afeccións deportivas dos nenos e nenas presentes, que contan con tres titores e dous profesores de logopedia.

martes, 11 out 2011
1318344728manel.JPG
Nenos e nenas, segundo lembraron os seus profesores, "son grandes afeccionados ao deporte vigués" (e moi seareiros do Real Club Celta de fútbol) e acudiron en ocasións a partidos de varios equipos da cidade, e en especial aos do Amfiv, o club de baloncesto en cadeira de rodas de referencia na cidade pero tamén a nivel de toda Galicia.

"Gozan moito do que fan e encántalles o deporte", aseguraron os seus titores durante o acto. Porque ademais de ser fieis seguidores de eventos, este grupo de alumnos e alumnas do centro que dirixe Ánxeles Rivela practican natación e baloncesto, en especial.

O concelleiro, que se amosou "moi agradecido pola invitación", recordou á aula que "o deporte contribúe ás veces a facer feliz á xente" e brindou a súa colaboración. Este apoio traducirase de inmediato na visita dalgúns deportistas ao centro para que nenos e nenas poidan gozar das súas experiencias de viva voz, "convivindo con xogadores e xogadoras" de nobre sentimento, dixo. Ademais, o edil comprometeuse a facilitar na medida do posible a presenza deste xoven alumnado en actividades deportivas que se programen en Vigo.

Para rematar o acto, un dos nenos entregou ao concelleiro unha camiseta do centro, mentres outra lle regalaba unha postal agredecendo a súa visita.
1318344728manel.JPG
1318499128IMG_3937.JPG
1318499147IMG_3963.JPG
1318499159IMG_3984.JPG