Caballero alerta a todos alcaldes da área de Vigo sobre a "preocupante situación dos embalses"
O rexedor municipal dirixirase por carta aos alcaldes da área de Vigo alertando sobre a necesidade de extremar as medidas de control de gasto de auga "ante a preocupante situación dos encoros". Avanzou a posta en marcha desde o Concello dunha campaña divulgativa para que toda a cidadanía adopte medidas de aforro doméstico.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, alerta aos alcalde da área de Vigo sobre a necesidade de extremar as medidas de control de auga ante a preocupante situación dos embalses". Logo de anunciar que se dirixirá por carta a todos eles, instou a que toda a área metropolitana "extreme o consumo responsable de auga" e anunciou unha campaña que "de xeito inmediato" vai desenvolver o Concello para que toda a cidadanía adopte medidas de control nos seus fogares.
Na súa intervención cos medios de comunicación, Caballero indicou que a tormenta da madrugada do pasado luns tiveron unha incidencia "insignificante" na situación dos embalses e ofreceu as porcentaxes de volume embalsado a día de hoxe: Zamáns (55,24%) e Eiras (64,1%), mentres que o mesmo día, o ano pasado a situación era a seguinte: Zamáns (87%) e Eiras (78,42%).